Nos

                                   

 

Luz azul é unha empresa de fotografía e traballos artísticos formada por Edu Toury e Se Sanz, ambos os dous orixinarios da marabillosa Costa da Morte aínda que residentes na Coruña.

 

A nosa especialidade é a imaxe infantil, que abarca dende reportaxes  premamá, recén nacidos e nenos; cubrindo tamén fotografía de eventos como vodas, comunións e outros actos sociais importantes.

 

Ofrecemos igualmente un servizo de Estudio Portátil, que asegura a comodidade dos nosos clientes, o que xunto coa dispensa dun trato profesional, á vez que cercano e desenfadado, contribúe a garantir o éxito do noso traballo.